Mámoas dos Bromús
Detalles do proxecto
As mámoas dos Bromús son tres, amosando un variable estado de conservación:
Mámoa 1: túmulo de 20 metros de diámetro e 1 de altura. No seu centro amosa un enorme cráter de violación, do que sobresae algún ortostato da cámara funeraria.
Mámoa 2: a escasos metros da anterior, cara o SO. Presenta un túmulo de 15 metros de diámetro e algo máis de medio metro de altura. Na cima sobresaen os estremos de tres ortostatos.
Mámoa 3: a 10 metros o SO da anterior. Está formada por un túmulo de 13 metros de diámetro e algo menos de medio metro de altura. Amosa cráter de violación e dispersas rochas na súa superficie, o que pode indicar a presencia dunha coiraza lítica.
MÉNDAZ QUINTAS, Eduardo. Cavidades entre a idade de Bronce e o Paleolítico. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 189-210