Castro da Matanza

Castro da Matanza / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Castro que adoitou o novo nome debido ás matanzas que alí aconteceron no inicio da Guerra Civil.
Sinónimos

Monte do Castro, O Castro

En 1936 trocou o nome que tiña de vello, Monte do Castro, O Castro, debido as matanzas que aí aconteceron trala desaparición da II República Española en Galicia. Os traidores, garda civís, falanxistas e civís voluntarios que acometeron a 'limpeza' ordenada polos militares alzados, asasinaron tamén neste lugar de Vincios.
Logo, tiñan por costume obrigrar a algúns veciños a, cos seus carros de bois, ir levantar os cadavres dos xustos alí tirados.
Localízase este castro no estratéxico outeiro que domina o paso entrámbalas beiras de Vincios, entre O Tumbio e Os Casás, e as vías naturais de tránsito entre Vincios e o resto do val Miñor. Polo norte controla o camiño do Zapal e polo sur Os Arcos. As defensas naturais contra o Noroeste contrastan coa ampla e achanzada superficie suroriental do outeiro. Do castro como xacemento arqueolóxico, intúense terrazas que cómpre non confundir cos socalcos e os valados que teñen adaptado o suposto castro ás necesidades labregas posteriores.
A maiores, tampouco se aprecian á vista restos de cimentación, nin defensas artificiais, nin se lle coñece achádego algún66 ó que se lle une non existir aquí nengunha cavidade.

GARCÍA GARCÍA, Miguel e COSTAS GOBERNA, José Bernardino. Cavidades artificiais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 85-89

Cartografías