Capela de Santa Lucía

Capela de Santa Lucía / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Templo onde se celebra a romaría dedicada Santa Lucía e as festas de Vincios polo verán.

Templo de planta en cruz latina, cunha soa nave e cruceiro, destacando en altura e dos planos de fachada. A planta aparece distorsionada polo volume da torre de campanario que ocupa o oco norte entre o brazo e a cabeza da cruz en planta.
Realizada con muros de sillería de grandes pezas, aparece recercado en zócalos e bordes de ocos, e tamén en pilastras e cantos de paramentos , pero nestes casos do recercado en vertical , aparece de forma dentada seguindo as trazas das agullas e os tranqueiros, a modo de dameiro.
A porta principal presenta un arco apuntado e recercado, enriba do cal se presenta un oco circular, rematando a fachada un tímpano recercado, enriba do cal pináculos nos seus extremos e unha cruz sobre peana no cumio do vértice. No lateral esquerdo da fachada érguese unha torre de sección cadrangular e tres corpos, un primeiro coa mesma ornamentación co recercado de dameiro da fachada da igrexa, o segundo de menor altura con vans semicirculares, e o terceiro coroado por pináculos nas esquinas con catro vans con arcos apuntados e balaustrada voada perimetral, cuberto por unha pirámide de cantería coroada cunha sinxela cruz no vértice.
O conxunto sitúase a carón dun camiño que une o lugar de Hervillás co C.I.P. Serra de Vincios, na parroquia de Vincios.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar

Cartografías