Repoboación con piñeiros

Detalles do proxecto


Consiste en levar a cabo un modelo silvícola multiprodutivo sobre as masas de piñeiro que permita a obtención de madeira de pequenas dimensións nas cortas intermedias e madeira con destino de serra na corta final.
Nas cortas intermedias unha porcentaxe da madeira que se aproveita ten destino de serra co que se consegue aumentar a rendibilidade das extraccións. Búscase unha distribución equilibrada entre as especies e as idades do arborado para conseguir alcanzar o máximo rendemento de utilidades e a constancia da renda, así como un mínimo nivel de rendas necesario para garantir a xestión do monte.
VV.AA. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.85 - 98