A Casa Forestal e da Veciñanza.
No ano 2014 a Comunidade de Montes de Vincios mercou esta propiedade para uso e disfrute dos veciños, convertindo unha propiedade privada nun ben de uso social da parroquia, asociado ó mesmo tempo o gran recurso natural que é o Monte Galiñeiro e os propios Montes Veciñais de Vincios.
Actualmente precisa de unha rehabilitación integral, para o cal xa se están a solicitar os permisos pertinentes, e poder levar a cabo o proxecto chamado " Casa Forestal e da Veciñanza" que pretende ser un elemento dinamizador da Parroquia e coexionar o monte físico coa veciñanza en xeral. Será un espazo de encontro, cultural e de formación.