Proxecto REFORGAL

Proxecto REFORGAL / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Proxecto que pretende unha innovación ecotecnolóxica nos métodos de reconversión de ecosistemas forestais a través da plantación de 3ha de madeiras nobres

Este proxecto forma parte do Programa sectorial de Medio Rural, co fin de fomentar a diversificación e aumento da calidade da producción forestal, mellorando as técnicas de xestión forestal. As extensas repoboacións con especies de crecemento rápido, piñeiro e eucalipto, realizadas no século pasado contribuíron ao empobrecemento da diversidade biolóxica e da paisaxe. Hoxe, estas superficies con obxectivos unicamente madeireiros, sitúanse por debaixo do umbral de rendibilidade.
O fomento das plantacións extensivas de especies frondosas cadufolias (PFC) de madeiras nobres, como poden ser o carballo o castiñeiro a cerdeira ou a nogueira, é moi interesante xa que presentan unha alta rendibilidade económica pola crecente demanda de madeiras de alta calidade a nivel mundial.
Na realización deste proxecto leváronse a cabo:
- Técnicas avanzadas de eliminación de eucalipto para determinar a viabilidade dunha reconversión forestal, é dicir, adaptar unha paisaxe de plantacións arbóreas perennes (eucalipto e piñeiro) en caducifolias (carballo e castiñeiro).
- Un seguimento de aptitudes, crecemento e conservación de variedades caducifolias de orixe galega.
- Un estudo de viabilidade técnica e de efecto ecolóxicos de plantacións arbóreas caducifolias realizadas baixo a protección, física e de sombra, de eucaliptos.

REFORGAL pretende unha innovación ecotecnolóxica nos métodos de reconversión de ecosistemas forestais, mellorando a calidade e rendibilidade económica da producción de madeira, reducindo o impacto ambiental das actividades de silvicultura e promovendo a restauración e conservación da diversidade biolóxica.

VV.AA. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.85 - 98

Cartografías