Petróglifos de Valverde de Arriba

Petróglifos de Valverde de Arriba / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Conxunto de catro petróglifos con coviñas e surcos

PETRÓGLIFO 1
Sitúase na parte superior, no lugar onde hai una pía natural de 57 x 30 cm. e profundiade de 9’5 cm. Motivos: Partindo da pía aparecen diversos surcos formando deseños indeterminados, próximos aos cales hai outros surcos. No extremo norte aprézanse liñas curvas e un círculo incompleto de 39 x 43 cm. con 12 coviñas no seu interior; estas presentan uns diámetros que oscilan entre 2’5 e 4 cm. e cunha profundidade entre 0’5 e 1 cm.; 7 das coviñas con diámetros entre 3 e 6 cm. e profundidade entre 0’5 e 1’5 cm. A anchura dos surcos entre 2’5 e 3’5 cm., con profundidade entre 0’5 e 1 cm. Só un dos surcos, situado no extremo norte, presenta medidas diferentes (ancho de 4 a 7 cm. e cunha profunidade de 1’5 cm.

PETRÓGLIFO 2
Localizado na parte superior dun afloramento alongado (lixeiramente buzado cara ao SO, cuns eixos máximos de 12 x 4’5 m. e cunha altura máxima (dende o chan) de 80 cm. no lado sur e 2’5 m. no lado norte, aproximadamente. Os gravados están compostos por dos grupos:
GRUPO I:
Situado na zona máis setentrional, ocupando 30 x 40 cm. Motivos: 8 coviñas con diámetros que oscilan entre 3 e 10 cm. e unha profundidade de entre 0’5 e 2 cm.

PETRÓGLIFO 3
Localízanse nun conxunto de afloramentos, situados á esquerda do camiño. As insculturas son visibles na parte superior do de maior volume, alterados polas tarefas de cantería.

PETRÓGLIFO 4
Gravados situados sobre un afloramento granítico, case rectangular, cun eixos máximos de 6 x 14 metros. Os petroglifos están na parte máis elevada do conxunto, a uns 50 cm. do solo, nunha pequena superficie horizontal. Motivos: 3 coviñas de diámetros que oscilan entre 6 e 9 cm. e unha profundidade que tamén varía, entre 1 e 1’5 cm.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar.

Cartografías