Petróglifos da Cascalleiras
Detalles do proxecto
PETROGLIFO 1
Ocupa a zona máis elevada, ocupando una superficie de 2’5 x 1’5 m. Os motivos: por un lado 2 coviñas unidas por un surco de 5 cm de ancho x 2 cm. de profundidade; a primeira delas e ovalada, aínda que irregular (23 x 13 cm.), mentres que a segunda é de forma circular (16 cm de diámetro); ambalas dúas teñen unha profundidade de 4 cm. Hai máis de 40 coviñas illadas, cuns diámetros que oscilan entre 3 e 6 cm. e cunha profundidade de 4 cm. Tamén se aprezan claramente tres círculos; o máis grande sitúase no extremo oeste do afloramento (40 cm. diámetro) e o surco presenta unha anchura de 5 cm. e un máximo de 1 cm. de profundidade.
PETROFLIFO 2
A superficie visible de insculturas é de 3’5 x 2 metros, elevándose un metro sobre o chan. Os gravados ocupan a parte superior da rocha, que ten forma convexa, aínda que cunha certa tendencia á horizontalidade. Os motivos observables son: 15 coviñas, con diámetros comprendidos entre 3’5 e 12 cm, cunha profundidade que oscila entre 0’5 e 3 cm.; dúas destas coviñas están unidas entre sí por un surco de dous centímetros de ancho e medio de profundidade.
Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar.