PEDRAFINA QR 4
Proxecto Vincios Verde
PECHE PEDRAFINA
PEDRAFINA QR 4
PLANTACION PEDRAFINA
PEDRAFINA QR 4

Proxecto PEDRAFINA QR 4

 

A 70 metros do poste que conten o código Qr no monte dirección sur, camiño da Entidade local menor de Morgadáns e seguindo a pista, a pé, atópase a parcela chamada Pedrafina.

Todo parece indicar que o nome de Pedrafina, todo parece indicar que provén da cualidade da pedra extraída das canteiras artesanais que existían nesa zona. Esta plantación está próxima a camiños principais, pero pola súa localización pasa desapercibida de xeito habitual. 

No ano 2008 fíxose unha repoboación de 3 has de castiñeiros que quedou arrasada polo lume do ano 2017 cando as árbores xa estaban perfectamente asentadas no terreo. Tras o  lume, a supervivencia foi menor ao 50%, e aquelas que o conseguiron foi a través dos gomos das cepas. A presión do gando en extensivo fixo necesario o peche da parcela para garantir a supervivencia das mesmas. No ano 2021 pechouse o perímetro quedando a superficie final en 2.5 hectáreas. Tamén se plantaron 20 pés de nogueira e nos vindeiros anos a intención é repoboala de novo completamente.

Situación

CARA SUR GALIÑEIRO, LINDANDO CON MORGADÁNS

SERVIZO DO ECOSISTEMA DE ABASTECEMENTO

AUGA

OSIXENO

FUNGOS

SERVIZO DO ECOSISTEMA CULTURAL

LECER

SERVIZO DO ECOSISTEMA DE REGULACIÓN

RECURSOS HIDRICOS

FIXACIÓN SOLO

ESPECIE

CASTANEA X HÍBRIDO

JUNGLANS REGIA , ENXERTADO CON VARIEDADE CHANDLER

DANOS

LUME 2017

COMIDA DOS GOMOS POR PARTE DE RABAÑOS DE CABRAS

NÚMERO DE ÁRBORES

400

MARCO DE PLANTACIÓN

7*7 METROS

FINALIDADE

PROTECTORA

SUPERFICIE PARCELA

2 HAS

SUPERFICIE PLANTADA/REXENERADA

1.5 HAS

INVESTIMENTO

15.000 EUROS

ESPECIE RETIRADA

EUCALYPTUS SP, PINUS PINASTER

PECHE/TIPO

MALLA GANDEIRA A 1.40 METROS CON POSTES DE MADEIRA RUSTICA TRATADA CADA 4 METROS

Documentación relacionada

* Proxecto PEDRAFINA QR 4

QR Proxecto

Padriño

Queres apadriñar este proxecto? Contacta con nós!

Localización

¿Cómo llegar?