Onde Fumegha a Vella

Onde Fumegha a Vella / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

No Pedraghullo atópanse os bloques que forman esta cova. O nome fai referencia ao 'fume' que sae dela cando chove. A Vella é símbolo do inverno.
Sinónimos

Afumegha a Vella, Outeiro da Vella, Penedo da Vella

A cova en realidade é un conxunto de bloques remexidos, desprazados e pendurados na vertente. Son bloques rotos, residuais e laxas de descamación, e relaciónanse cos esvaramentos estruturais da valgada do Fondo do Arruído.
A pequena cova orixinouse a media ladeira nun aporte secundario e inferior de Cobreiras. Este aporte ten carácter torrencial en inverno e favoreceu a formación de canles sobre a superficie das laxes exteriores á cavidade.
A estrutura buza uns 30° ó poñente e vese afectada por discontinuidades de direccións predominantes N110°E, N140°E e N22°E (N30°E). As fracturas N22°E presentan un buzamento de 70° Este téndose asociado co esquema de fracturación de fallas normais que chancea o macizo. O cruce coa estrutura de descamación favorece a formación de laxes e cuñas doadamente evacuables pola gravidade da precipitada encosta do Pedraghullo.

 

VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 30-33

Cartografías