O Camiño Fondo
O Camiño Fondo
/ Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

<br />
Cando ía un home de Guisande á Torre, ó pasar por un camiño chamado 'Camiño Fondo', mirou unha luz moi aguda, e ó querer fixarse nesa desapareceu.
Despois, volveu a aparecerlle pero el seguiu para adiante coma se nada. Cando chegou xunto a dous carballos estoupou unha cousa enriba del e pensou que eran os fogos de luces da Virxe de Zamáns. Andou un pouco para adiante e sentouse nun valado, poñéndose a pensar que os fogos da Virxe non podían ser xa que tiña que tapalos o monte Galiñeiro, e por si acaso, marchou para casa chea de medo.
VV.AA. Contos e lendas da parroquia de Vincios. Asociación de veciños 'Galiñeiro de Vincios'. p. 10

Cartografías