A Cova da Becha

A Cova da Becha / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Esta cova leva o nome de Becha ou Bicha e refírese ao mito do mal en forma de vella. Asociase a lenda da Coca.
Sinónimos

Igrexa da Becha, A Cova da Bicha, Ighlesia do Becho

Cova de bloques remexidos que se ten relacionada co periglaciarismo no litoral.
Trátase dunha grencha aberta e alongada que se tería orixinado pola acción do xeo nas xuntas e fisuras da rocha. A cavidade emprázase nun afloramento gneisítico no que se mediron buzamentos duns 33°E (30-36°N60°E).
A galería principal é unha fenda de eixo N30°W, cun buzamento do plano de fractura de 85°N-60°W. Ó fondo ábrese unha segunda galería de eixo N30°E.
Na encrucillada delas, coincidindo dous planos de fractura, hai unha cheminea que vai dar por un castelo de bloques ata un segundo nivel situado uns 4 metros (media) sobor do principal. No segundo nivel hai dúas galerías que evolucionan paralelamente ás fracturas do nivel principal. En particular, a galería de eixo N30°E evoluciona cunha sección uniforme ata chegar a unha cheminea final que ascendente 3,5 metros ata o exterior.
VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 73-77

Cartografías