As cortes do Barreño

As cortes do Barreño / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Cortes de uso e propiedade particular para gardar o gando e o carro da casa. A Corte das Cabras ten 6,65 m de fondo e ancho máximo de 1,80 m
En uso e propiedade particular.
Conxunto de cavidades artificiais formado por 4 Cortellos usados para gardar o gando da casa, e máis un espacio troglodita chamado O Cuberto do Carro. Tres das catro cortes que aquí había 'fóronse desbarrullando' quedando unha corte e o mencionado Cuberto do Carro.
Antes de pasar a describir o que queda deste conxunto de covas, dicir que estas están reducidas de tamaño pola ampliación e asfaltado do camiño realizados nas últimas décadas.
A única cortella conservada, A Corte das Cabras, ten 3'65 m de fondo por un ancho máximo de 1'80 m. A planta do habitáculo é case rectangular observándose unha altura máxima de 1'80 m. Actualmente, logo do recorte sofrido polo desanche do camiño, a corte conta cun pequeno peche formado por dúas pedras e unha cancela de madeira que impide que escapen as cabuxas.
O Cuberto do Carro perdeu a súa orixinal función e agora sirve tamén de corte.
Ten un fondo de 2'90 m e un ancho medio de 1'60 m sendo a súa altura media de 1'20 m.
Ubícase na beira do camiño principal que dá servizo á vivenda, no extremo suroeste deste 0conxunto das Cortes do Barreño, topónimo este, que como o de Barreiro, explica a elección do terreo onde se construíu.
En canto á datación destas cavidades artificiais, os seus propietarios non acordan nin facelas nin oír falar de quen as fixo: 'Quen sabe de cando virá iso'

GARCÍA GARCÍA, Miguel & COSTAS GOBERNA, José Bernardino. Cavidades artificiais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 95-96
Cartografías