Carrasqueira Seca Europea
Detalles do proxecto
As breixeiras secas europeas son comunidades vexetais arbustivas de media altura que podemos atopar preto do litoral Atlántico pero que non sofren o influxo directo da brisa mariña. Adoitan ser moi abundantes en toda Galicia. Mais non sempre foi así. A partir dos séculos XVI-XIX as rozas e o aproveitamento da parte baixa das uces para a obtención de carbón vexetal para a industria siderúrxica, mermou drásticamente esta comunidade vexetal. Nos anos 50, a repoboación forestal con coníferas a gran escala e a aparición das melloras agrícolas conseguiu que este hábitat deixara de ter o valor que nun principio tiña e comezou a esquecerse, infravalorándose coma terras improductivas. Nos últimos 30 anos os incendios foron e seguen a ser os culpables da lenta recuperación destes hábitats tan importantes, do deterioro na producción da mel e da mediocre calidade do pasto que nace nos primeiros anos despois da queima, ese do que se alimenta o gando galego que pasta en semi-liberdade. A comunidade da breixeira seca está composta por queirogais-toxeiras e xesteiras.
Na Serra do Galiñeiro predomina nas zonas non repoboadas.
As especies mais representativas son o toxo arnal (Ulex europeus), os carrascos (Erica umbellata, Erica cinerea, Calluna vulgaris) e herbas (Agrostis curtisii, Asphodelus lusitanicus, Scilla autunmalis)
Pérez, Paula. O medio natural. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.5 - 58
Fonte das imaxes: Afonso Rodríguez Rodríguez