Bicicleta todoterreo

Bicicleta todoterreo / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Ofrecendo a posibilidade de realizar dende rutas sinxelas de paseo en bicicleta así como camiños de descenso para a iniciación ou rutas de maior dificultade para os expertos
A parroquia de Vincios, e en particular o entorno do Galiñeiro, permite a práctica deste deporte ofrecendo a posibilidade de realizar dende rutas sinxelas de paseo en bicicleta así como camiños de descenso para a iniciación ou rutas de maior dificultade para os expertos.
Para aqueles afeccionados á bicicleta que queiran practicar este deporte, non é preciso ningunha habilidade específica más aló das habituais. É importante equiparse con bo material xa que nas saídas móstrase imprescinble ir ben protexido para evitar as caídas:
casco, guantes, protectores dos xeonllos, pantalón de ciclista, etc... e por suposto abundante auga para non deshidratarse.
Pola Serra do Galiñeiro pódense percorrer diferentes camiños; sendeiros como a PRG2 ou PR-G1; tamén deslizarse polas estradas que rodean ao Galiñeiro e soben ata o Parque Forestal ou se se prefire, coller os camiños de pedra que pasan bordeando os cumios do Galiñeiro.

VV.AA: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.79 - 81
Cartografías