En Cartografías Sensibles temos respecto polos datos e a privacidade dos nosos usuarios, de feito os datos que entran no noso sistema son exclusivamente para o uso dos nosos servizos (divulgación dos valores da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro). Cumprimos estritamente a Lei 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal: LOPD.
Se queres exercer o teu dereito ao acceso, rectificación, cancelación e oposición sobre os datos que entregas no momento de contratar algún dos nosos servizos, só tes que enviarnos a túa solicitude xunto unha copia do NIF do titular a hola@vincios.org ou mediante correo postal a: Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios, Piñeiro s/n Vincios 36316 Gondomar (Pontevedra)
Evidentemente, tes a garantía de que en ningún caso serán cedidos a terceiros, pois son absolutamente confidenciais e tratados co máximo coidado. Contamos cun sistema de seguranza que impide a súa perda e evita a alteración ou accesos non autorizados.
Cando navegas por vincios.org, xéranse cookies que son precisas para o funcionamento dalgunhas partes do web e para extraer estatísticas das visitas que recibimos. Ten en conta que podes desactivar as cookies cando queiras, dende o teu propio navegador.
Dende Cartografías Sensibles opómonos absolutamente á práctica do spamming: ti és quen decide se queres recibir este tipo de comunicacións.
Se tes algunha dúbida a respecto da nosa Política de Protección de Datos, entra en contacto con nós a través de hola@vincios.org