CONTROL ESPECIES ALÓCTONAS QR 11
Proxecto Vincios Verde

Proxecto CONTROL ESPECIES ALÓCTONAS QR 11

Un dos ditos que marca o xeito de entender o monte desta Comunidade é a frase "Cada cousa no seu sitio", e así debe ser. Hai algunhas especies no monte que teñen moita facilidade para expandirse, e están no rexistro de especies invasoras como son a Acacia negra( A. mealnoxylon) ou a Herba da pampa (Cortaderia selloana) presentes nos nosos montes competindo en vantaxe coas especies elixidas para as repoboacións dado o seu rápido carácter reproductivo e adaptativo. Outra especie que nos está a xerar moitos problemas pola súa extensión e abundancia é o E. globulus, que aínda que non aparece no rexistro de especies invasoras estanos a colonizar con moita forza zonas que antes estaban dedicadas a piñeiro ou frondosas ou mesmo monte baixo. Isto foi así dende os lumes do 2017 onde se chegaron a facer contas de mais de 100 pés de eucalipto propagados por semente en cada metro cadrado.

Este proxecto en concreto precisa da colaboración de todos os entes sociais, e de xeito constante no tempo, xa que o que se pretende é controlalas ou erradicalas sen o uso de herbicidas químicos que degraden a terra e os olleiros que dan de beber a moitas persoas.

COLABORACIÓNS/VOLUNTARIADO

O Club Montañeiros Alud leva anos identificando, retirando e controlando especies invasoras como a Acacia Negra ( A. melanoxylon), ou a Acacia dealbata(mimosa). Ademáis as teñen localizadas no mapa adxunto nesta publicación.

Tamén fan control dos gomos de eucalipto nas zonas onde non debe estar.

Moitas gracias pola colaboración.

 

QR Proxecto

Padriño

Queres apadriñar este proxecto? Contacta con nós!

Localización

¿Cómo llegar?