Planta de Compostaxe de Biomasa Forestal e de Xardinería

Planta de Compostaxe de Biomasa Forestal e de Xardinería / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

Uso protector do compost para o enriquecemento dos solos do monte para a conservación dos bosques e montes, evitando a erosión e desertización.
Na Comunidades de Montes de Vincios estase realizando unha proba piloto para a obtención de substratos orgánicos e a posible creación dunha Planta de Compostaxe de Biomasa Forestal e de Xardinería, que ten como fin o uso protector deste produto (compost) para o enriquecemento dos solos do monte coa finalidade de xerar substratos que permitan levar a cabo, entre outras labores, a conservación dos bosques e montes, mesmo a mellora das explotacións forestais da zona, mediante a restauración de áreas degradadas, evitando a erosión e desertización dos solos. A compostaxe de biomasa vexetal é unha solución técnica alternativa á destrución mediante queima, incineración ou abandono dos materiais e restos forestais, agrícolas e de xardinería ornamental, e pretende ser unha alternativa á proliferación da masa vexetal incontrolada nos montes e unha contribución á redución dos gases efecto invernadoiro, así como as medida preventivas de incendios. A principios do ano 2007 elabórase o Plan de traballo do proxecto Compostaxe: prevención e restauración que consiste na contribución á posta en marcha do proceso experimental para o deseño dunha Planta de compostaxe, tanto o proxecto experimental como o da planta están situados no termo da Comunidade de Montes de Vincios a través dun convenio coa Mancomunidade de Montes do Val Miñor, entidade promotora do proxecto.
Santos, Luz. O medio natural. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.97 - 98
Cartografías