Castro de Xián

Castro de Xián / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

O principal asentamento castrexo de todo o cunxunto orográfico de Montecastelo datado na Idade de Ferro
Sinónimos

Os Cotros

Trátase do principal asentamento castrexo de todo o conxunto orográfico de Montecastelo. Con certeza data da Idade do Ferro (III milenio ante de nós) se ben, a arqueoloxía constata ocupacións posteriores (medievais) e non se pode descartar que con anterioridade á cultura castrexa xa fose lugar fortificado.
O castro de Xián conta cun denso monte de toxos, silvas e xestas que viñeron logo do grande incendio de 1989, así como con poderosos desniveis naturais que case rodean o outeiro e que deixan aberta a posibilidade a algunha cavidade descoñecida.
Baixo a mesma Curita do Crasto, existe un pequeno abrigheiro natural coberto por unha longa biseira de nome: A Samanca, con todo sen catalogar neste libro.
O espigado coto onde se ubica o poboado fortificado domina o lugar de Xián dende o alto, ó suroccidente de Vincios, á sombra d’A Sidá, e controla o planalto septentrional de Montecastelo contra Vilaza, Parada e Camos. O castro, estratexicamente ubicado, controla así o paso natural entre o corredor do río da Rega e o val Miñor.
Ademais do asentamento castrexo, perfectamente coñecido e inventariado por Hidalgo Cuñarro e Costas Goberna, ainda que nunca investigado e posto en valor, existe outro patrimonio arqueolóxico que aumenta a relevancia deste lugar para clarificar a protohistoria e historia media deste territorio. Trátase de dous taboleiros gravados en dúas rochas do cumio do Castro de Xián; petroglifos históricos datables entre o século IX e o s. XIII. Actaulmente, séguese a xogar, alomenos en Baiona, co nome popular de “Riqui-Raque”, sendo coñecido globalmente como o xogo de “Alquerque de IX”.

GARCÍA GARCÍA, Miguel e COSTAS GOBERNA, José Bernardino. Cavidades artificiais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 85-89

Cartografías