Ruta PR-G1 Galiñeiro

De gran interese paisaxístico, a ruta conta con bosques mixtos, zonas de descanso e fontes. Desde o punto máis alto domínase un extenso panorama do sur da provincia de Pontevedra.

Entre as parroquias de Zamáns e Vincios e a 13 km de Vigo, O Galiñeiro, ergue a súa figura rochosa con 709 m como altura máxima da serra que leva o seu nome, dominando os vales circundantes e ofrecendo unhas vistas espléndidas. 
O sendeiro comeza no lugar da Pasaxe, onde existe un cartel anunciador. Durante o percorrido encontraremos bosques mixtos e zonas de descanso con fontes de auga fresca. Nas paredes graníticas do Galiñeiro existe unha zona de escola de escalada con multitude de vías de diferente dificultade para a práctica deste deporte. Na parte alta, xa cerca do cume, existen restos posiblemente pertencentes a un muro defensivo dun castro galaico-romano. Desde o pico domínase un extenso panorama do sur da provincia de Pontevedra.

Turgalicia. PR-G1 Galiñeiro. <http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=33776&ctre=23>

Data sheet

Dificultade. Media
Acceso en bicicleta: Apto parcialmente
Acceso a cabalo: Apto parcialmente
Punto de partida/chegada: A Pasaxe - UTM: 29T X:523080 Y:4667100
Percorrido: A Pasaxe, Galiñeiro, presa de Zamáns e A Pasaxe.
Conexións: Cos GR 53, 58 e co PR-G 2.
Lonxitude: 8,6 km. A ruta principal ten 8,2 km e a derivación 0,4 de ida e volta. | Lonxitude (Km.): 8,6
Duración: Duración (horas): 3
Material: É fácil conseguir auga nas numerosas fontes do percorrido.
Servizos: Refuxio Miguel Regueira de Club Montañeiros Celtas. Bares ao comezo e final do percorrido.

Turgalicia. PR-G1 Galiñeiro. <http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=33776&ctre=23>

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade