cartografias_sensibles_vincios_gondomarar_actividades_ruta-gr58_3

Ruta GR58 Sendeiro das Greas

Os miradoiros desta ruta descobren os mellores recunchos do sur da provincia de Pontevedra.

O máis longo dos sendeiros de Gran Percorrido en Galicia discorre por todos os municipios da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Son moi numerosos os atractivos ambientais, atravesando paraxes de gran beleza onde non faltan bos exemplos de arquitectura popular como os muíños da Devesa, carballeira de Barragán, fraga e ribeiras de Couñago, foxo de lobos (antiga trampa para cazar estes animais), bosque das ribeiras do río Borbén, o río Zamáns e os muíños das Maquías, marismas do Miñor, a costa acantilada de Baiona, a fraga de Oliveira…. Sen esquecerse de importantes construcións que axudan a interpretar a cultura destas terras, como o conxunto megalítico de Monte Penide e a mámoa do Rei, o castro de Chandebrito, o castelo de Soutomaior ou edificios de singular factura como os pazos de Pegullal, Aballe e Picoña, no municipio de Salceda de Caselas.

Os miradoiros desta rota descobren os mellores recunchos do sur da provincia de Pontevedra. Seguindo o sentido das agullas do reloxo atopámonos coa enseada de San Simón, o canón do río Oitavén, o val do río Borbén, enseada de Baiona e a península de Monteferro coas illas Cíes como pano de fondo, pertencentes ao novo Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas.

As montañas manifestan a súa presenza nas serras do Suído, O Galiñeiro e A Groba como silenciosos vixilantes do camiño.

Turgalicia. GR 58 Sendeiro das Greas. <http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=33749&ctre=23>

Data sheet

Dificultade: Media
Acceso en bicicleta: Apto parcialmente
Acceso a cabalo: Apto parcialmente
Punto de partida/chegada:
Baiona - UTM:29T X: 512160 Y: 4663340
Confurco - UTM:29T X:534940 Y:4669400
Soutomaior - UTM:29T X:535655 Y:4687750
Peinador - UTM:29T X:530240 Y:4674845 | Vigo, nun punto próximo ao aeroporto e ao Recinto Feiral.
Percorrido: Atravesa os termos municipais de Vigo, Reondela, Soutomaior, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mos, Ponteareas, O Porriño, Salceda de Caselas, O Porriño, Tui, O Porriño, Gondomar, Baiona, Nigrán e Vigo.
Conexións: Cos PR-G 1, 2, 5, 9, 26, 67 e cos GR 53 e 94.
Lonxitude (km): 247 | O sendeiro principal ten 206 km e as variantes GR 58.1, 58.2, 58.3 e 58.4 esténdense por 0,9, 4,2, 20,4 e 15,5 km de lonxitude respectivamente
Duración (horas): 70
Material: Se se pretende realizar tramos longos, recoméndase ir ben equipado: bo calzado, botas de montaña, mochila, roupa de abrigo, alimentos enerxéticos e, aínda que a auga é abundante ao longo do itinerario, a cantimplora sempre chea.
Servizos: En numerosas poboacións próximas ao sendeiro.

Turgalicia. GR 58 Sendeiro das Greas. <http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=33749&ctre=23>

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade