cartografias_sensibles_vincios_gondomarar_actividades_ruta-gr53

Ruta GR53 Panorámica de Vigo

Longo percorrido que ofrece un punto de vista diverso da cidade de Vigo

Este itinerario bordea os límites do municipio vigués pola súa vertente montañosa, ofrecendo vistas sorprendentes sobre a cidade e a súa ría. É un percorrido deseñado para achegar a xente desta grande urbe ao medio natural que se estende a poucos metros das súas casas. Localizáronse unha serie de parques forestais en parroquias do Concello de Vigo que, provistos de todo o necesario para o esparexemento e o descanso, determinan o masivo éxito deste sendeiro durante a fin de semana. Pero tamén hai lugar para a Historia: os petróglifos de Fragoselo, os dolmens da zona do Mercantil e os restos da antiga muralla defensiva do monte O Galiñeiro. Arquitectura rural en Chandebrito e A Fraga, o fermoso emprazamento do muíño das Maquías no río Zamáns, bosques autóctonos e todo este contorno natural lonxe do ruído da cidade, convérteno nun sendeiro moi atractivo e transitado.

Dificultade: Media
Acceso en bicicleta: Apto parcialmente
Acceso a cabalo: Apto totalmente
Punto de partida/chegada: A Madroa (Vigo). | Saiáns (Vigo)
Percorrido: Saiáns, A Garrida, Puxeiros e A Madroa.
Conexións: Cos PR-G 1, 5, 9 e cos GR 58 e 94.
Lonxitude: Lonxitude (Km.): 58,2 | O sendeiro principal ten 39,9 km e as variantes GR 53.1 e 53.2 esténdese por 8,1 e 10,2 km de lonxitude respectivamente.
Duración: Duración (horas): 19 | É un percorrido moi longo, polo que se recomenda executalo en varias xornadas. Conta con numerosas subidas e baixadas pero de trazado bastante suave.
Material: Se a intención é facer todo o sendeiro nunha fin de semana, será necesario levar suficiente equipo. A auga é bastante frecuente ó longo do percorrido.
Servizos: Aprovisionamento nos núcleos de poboación que circundan Vigo.

Turgalicia. GR53 Panorámico de Vigo <http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=33778&ctre=23>

En bus urbano chégase a Saiáns, A Garrida, Universidade, Rebullón, aeroporto e A Madroa. En Saiáns parte da igrexa de San Xurxo. Na Madroa parte fronte ao zoolóxico. Interese paisaxístico
Este itinerario bordea os límites do municipio vigués pola súa vertente montañosa, ofrecendo vistas sorprendentes sobre a cidade e a súa ría.
É un percorrido deseñado para achegar a xente desta grande urbe ao medio natural que se estende a poucos metros das súas casas. Localizáronse unha serie de parques forestais en parroquias do Concello de Vigo que, provistos de todo o necesario para o esparexemento e o descanso, determinan o masivo éxito deste sendeiro durante a fin de semana.
Pero tamén hai lugar para a Historia: os petróglifos de Fragoselo, os dolmens da zona do Mercantil e os restos da antiga muralla defensiva do monte O Galiñeiro.
Arquitectura rural en Chandebrito e Fraga, o fermoso emprazamento do muíño das Maquías no río Zamáns, bosques autóctonos e todo este contorno natural lonxe do ruído da cidade, convérteno nun sendeiro moi atractivo e transitado.Turgalicia. GR53 Panorámico de Vigo <http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=33778&ctre=23>
Data sheet

Dificultade: Media
Acceso en bicicleta: Apto parcialmente
Acceso a cabalo: Apto totalmente
Punto de partida/chegada: A Madroa (Vigo). | Saiáns (Vigo)
Percorrido: Saiáns, A Garrida, Puxeiros e A Madroa.
Conexións: Cos PR-G 1, 5, 9 e cos GR 58 e 94.
Lonxitude: Lonxitude (Km.): 58,2 | O sendeiro principal ten 39,9 km e as variantes GR 53.1 e 53.2 esténdese por 8,1 e 10,2 km de lonxitude respectivamente.
Duración: Duración (horas): 19 | É un percorrido moi longo, polo que se recomenda executalo en varias xornadas. Conta con numerosas subidas e baixadas pero de trazado bastante suave.
Material: Se a intención é facer todo o sendeiro nunha fin de semana, será necesario levar suficiente equipo. A auga é bastante frecuente ó longo do percorrido.
Servizos: Aprovisionamento nos núcleos de poboación que circundan Vigo.

Turgalicia. GR53 Panorámico de Vigo <http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=33778&ctre=23>

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade