cartografias_sensibles_vincios_gondomarar_actividades_ruta-muinos

Ruta dos muiños de Vincios

Ruta de 5,5 km polos muiños de Vincios en paralelo ao río Zamáns

Trazado de 5,51 km polo conxunto etnográfico dos muiños de Vincios, en paralelo ao río Zamáns. A ruta percorre un total de 24 muíños e está sendo recuperada pola Asociación Cultural Pedraghullo de Vincios.

Dificultade: Fácil
Acceso en bicicleta: Apto totalmente
Acceso a cabalo: Apto parcialmente
Punto de partida/chegada: A Pasaxe – UTM: 29T X: 8723445 Y: 42154415 | Crta de Vilaza – UTM: 29T X: 8746448 Y: 42128242
Percorrido: Río Zamáns, Vincios
Conexións: Co GR 53, co PR-G 1 e co GR 58.
Lonxitude: Lonxitude (Km.): 5,5
Duración (horas): 1

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade