Romaría de Santa Lucía

Manolo 'O Pisco' fala da cantidade de xente que viña ata Vincios na Romaría de Santa Lucía
'A Muralla' era o lugar onde agora se atopa a casa do cura. Manolo 'O Pisco' conta cómo as bandas de música tocaban sempre algunha peza dende alí

Na imaxe podemos apreciar a ampliación da Capela de Santa Lucía en construcción.

Os devotos de Santa Lucía, patroa dos cegos e abogada dos problemas da vista, frotan con panos o rostro da Santa milagreira e aplícano sobre os ollos esperando que calmen os males.

Din os vellos que a Virxe de Santa Lucía apareceu no monte xunto a una presa que agora ten o nome da Santa. Á Santa trouxérona polo camiño da presa e cando estaba chegando á igrexa onde está a outra (Santa Mariña), romperon os eixes do carro, e así varias veces, ata que os veciños entenderon que as santas querían estar xuntas. Decidiuse facer unha capela onde agora se celebran as festas en honor das dúas santas.
VV.AA. Contos e lendas da parroquia de Vincios. Asociación de veciños ‘Galiñeiro de Vincios’. p. 9

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade