Romaría da Touba do Brión

Romaría promovida anulamente polo Coro Tradicional Cantares do Brión

A romaría é promovida anualmente polo Coro Tradicional Cantares do Brión no mes de Maio. Dá comezo cunha camiñada dende o merendeiro da Comunidade de Montes de Vincios até a Touba do Brión, debaixo do Curro. Alí fálase das características da cova e das lendas localizada nesta paraxe, por conta de representantes do Clube Espelelóxico Maúxo. Son os propios Cantares do Brión os encargados de cantar algunas pezas do seu repertorio, entre as que non pode faltar a “Foliada de Vincios”.

Á hora do xantar vóltase cara o merendeiro e pásase o día entre música, cantes e bailes.

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade