Ruta PR-G2 Aloia

Ruta PR-G2 Aloia / Cartografías Sensibles

Detalles do proxecto

De dificultade baixa, a ruta é de interese naturalista e paisaxístico
Bonito e fácil percorrido que nos conduce, de norte a sur, polas ladeiras da Serra do Galiñeiro rematando no Monte Aloia ou de San Xulián.
Comezamos no refuxio de montaña do Club Montañeiros Celtas ata onde poderemos chegar polo PR-G 1 e, en dirección sur, cruzamos bosques de piñeiros e eucaliptos con fermosas vistas de Vigo e a súa ría, a zona de Val Miñor e as vilas de Baiona e Tui. En ruta atoparémonos con restos prehistóricos e típicas casas rurais.
Unha vez no Monte Aloia, declarado Parque Natural en 1978, poderemos contemplar unha gran variedade de especies arbóreas, visitar o castro e gozar dunhas marabillosas vistas do río Miño e Portugal desde os seus miradoiros.

Dificultade: Fácil
Acceso en bicicleta: Apto totalmente
Acceso a cabalo: Apto totalmente
Punto de partida/chegada: Monte Aloia - UTM: 29T X:526590 Y: 4659400 | Refuxio Miguel Regueira - UTM: 29T X:524060 Y: 4665780
Percorrido: Galiñeiro, Prado y Monte Aloia.
Conexións: Co GR 53 a través do PR-G 1, e co GR 58.
Lonxitude: Lonxitude (Km.): 8,9
Duración (horas): 3
Material: Levar a comida necesaria
Servizos: Refuxio Miguel Regueira e refuxio do Monte Aloia, ambos do Club Montañeiros Celtas. Abastecemento en Prado e Aloia.

Turgalicia. PR-G2 Aloia. <http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=33778&ctre=…;
Cartografías