cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonio_etnografia_ponte_pasais

Ponte Pasais

Son no entorno da ponte

Ponte de dous vans formados por un murete de cachotería [...]

Ponte de dous vans formados por un murete de cachotería rematado, na súa parte superior, por pezas de granito que sobresaen do muro e teñen un rebaixe na súa sección permitindo que as pezas que forman a plataforma queden encaixadas. Paramentos dos estribos e murete realizado sen cachotería. A plataforma está formada por lousas de granito con lonxitude do estribo ó murete, dividindo a plataforma en dous tramos. Da continuidade a un camiño de terra como acceso a prados de cultivos e pastos, cruzando o río Zamáns, no lugar de Os Muíños, entre A rocha e O Salgueiro, na parroquia de Vincios.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade