cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonio_arqueloxia_lagoa_bromus

Petróglifos dos Bromús

Xacemento con dous petróglifos entre Campo Redondo e Auga da Laxe

PETRÓGLIFO 1
Trátase dun afloramento alongado, con eixos máixmos de 5’7 x 2’4 m. e cunha altura sobre o chan de uns 80 cm. A maior parte da superficie está disposta semellando un “panel” inclinado, cara ao sur, cun ángulo aproximado de 45º. Esta é a superficie na que atopamos as insculturas. O grupo está formado por 5 alabardas, cunha anchura de surco que oscila entre 3 e 5 cm. e unha profundidade tamén oscilante, entre 0’5 e 1 cm.

PETRÓGLIFO 2
Afloramento parcialmente cuberto de líquenes, e pasto natural no seu redor. Erosión natural, por mor do tipo de granito (gran grosor).

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar.

Location

A Estoca, entre Campo Redondo e Auga da Laxe

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade