cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonio_arqueloxia_petroglifo_valverde_arriba

Petróglifos de Valverde de Arriba

Conxunto de catro petróglifos con coviñas e surcos

PETRÓGLIFO 1
Sitúase na parte superior, no lugar onde hai una pía natural de 57 x 30 cm. e profundiade de 9’5 cm. Motivos: Partindo da pía aparecen diversos surcos formando deseños indeterminados, próximos aos cales hai outros surcos. No extremo norte aprézanse liñas curvas e un círculo incompleto de 39 x 43 cm. con 12 coviñas no seu interior; estas presentan uns diámetros que oscilan entre 2’5 e 4 cm. e cunha profundidade entre 0’5 e 1 cm.; 7 das coviñas con diámetros entre 3 e 6 cm. e profundidade entre 0’5 e 1’5 cm. A anchura dos surcos entre 2’5 e 3’5 cm., con profundidade entre 0’5 e 1 cm. Só un dos surcos, situado no extremo norte, presenta medidas diferentes (ancho de 4 a 7 cm. e cunha profunidade de 1’5 cm.

PETRÓGLIFO 2
Localizado na parte superior dun afloramento alongado (lixeiramente buzado cara ao SO, cuns eixos máximos de 12 x 4’5 m. e cunha altura máxima (dende o chan) de 80 cm. no lado sur e 2’5 m. no lado norte, aproximadamente. Os gravados están compostos por dos grupos:
GRUPO I:
Situado na zona máis setentrional, ocupando 30 x 40 cm. Motivos: 8 coviñas con diámetros que oscilan entre 3 e 10 cm. e unha profundidade de entre 0’5 e 2 cm.

PETRÓGLIFO 3
Localízanse nun conxunto de afloramentos, situados á esquerda do camiño. As insculturas son visibles na parte superior do de maior volume, alterados polas tarefas de cantería.

PETRÓGLIFO 4
Gravados situados sobre un afloramento granítico, case rectangular, cun eixos máximos de 6 x 14 metros. Os petroglifos están na parte máis elevada do conxunto, a uns 50 cm. do solo, nunha pequena superficie horizontal. Motivos: 3 coviñas de diámetros que oscilan entre 6 e 9 cm. e unha profundidade que tamén varía, entre 1 e 1’5 cm.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar.

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade