cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonio_arqueloxia_petroglifo_peibo

Petróglifos de Peibó

Xacemento con dous petróglifos con coviñas e surcos

PETRÓGLIFO 1
Petroglifo situado nun afloramento granítico de pequenas dimensións, a carón dun camiño sobre o que se eleva 1’5 metros. Na parte superior do afloramento, de forma convexa, atopamos as insculturas: tres coviñas, que oscilan entre 4 e 8 cm. de diámetro e cunha profundidade comprendida entre 0’5 e 2 cm. Un surco completa o gravado, cunha traza de arco de circunferencia e cunha anchura de 2 cm. e unha profundidade máxima de 0’5 cm.

PETRÓGLIFO 2
Afloramento granítico de 3’3 x 4 m., cunha superficie diaclasada, que se eleva sobre o chan 0’5 metros na zona sur e preto dun metro na norte, cunha suave caída cara ao sur. Os motivos gravados son coviñas e surcos, que conforman un complicado esquema; dous destes surcos dispóñense formando círculos case pechas, con medidas de 22 e 40 cm. De diámetro respectivamente. O primeiro dos surcos presenta no seu interior multitude de coviñas de reducido tamaño (2’5 cm. de diámetro e 0’5 cm. De profundidade). O segundo amosa tres coviñas de diámetro superior aos do primeiro. Xenericamente a anchura dos surcos é de 3 cm. e cunha profundidade inferior a 0’5 cm. As coviñas de maior tamaño oscilan entre 4 e 10 cm. de diámetro e entre 0’5 e 1 cm. de profundidade.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar.

Location

As Chousas, Xián, Vincios

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade