cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonio_arqueloxia_petroglifo_auga_pozos

Petróglifo dos Pozos

A representación deste petróglifo consiste en dous rebaixes dos chamados Equipos de Moenda.

Afloramento a ras de solo de grandes dimensións e superficie horizontal. A representación consiste en dous rebaixes dos chamados Equipos de Moenda.
1.- Formado por tres cazoletas aliñadas. A central é rectangular de bordes redondeados e con medidas de 21 x 35 cm. Con profundidade máxima de 3’5 cm.. As cazoletas dos extremos miden 20 x 12 cm. E están separadas da central por medio dunha pequena crista.
2.- Situada a carón do anterior, ao sur e a menos de 20 cm. Formado por dúas cazoletas a mayor ten forma rectangular e bordes redondeados e medidas semellantes as do motivo.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar.

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade