Debuxo dos gravados da Pedra das Procesións, máis coñecido como o petroglifo de Auga da Laxe, segundo deseño de Xavier Groba (2005) a partir do estudio e fotografías de Xulio Fernández Pintos (1993)
Fonte: Xabier Groba e Xulio Fernández Pintos

Petróglifos da Auga da Laxe

A Pedra das Procesións está datada na Idade de Bronce e as preto de 32 armas contabilizadas fan dela o panel ibérico máis grande de Europa

Grupo I ou Pedra das Procesións : é o máis salientable de todos os petroglifos. Na actualidade atópase nun estado de conservación lamentable, pero podemos distinguir 7 alabardas enxangadas, puñais/espadas, 8 estandartes, clasificados habitualmente como
“escutiformes”, e de problemática interpretación; todo sobre a cara inclinada dun grande afloramento granítico.
Grupo II : a escasos metros desta, atopamos unha única representación dunha alabarda enxangada.
Grupo III : tamén nas proximidades e nun afloramento de grandes dimensión, nunha das súas inclinadas caras atopamos representadas 2 alabardas enxangadas e 5 puñais/espadas, dos que unicamente unha está completa asociados a varias liñas de coviñas.
Grupo IV : na superficie inclinada dun pequeno afloramento temos representadas 7 alabardas enxangadas.
No entorno destes grupos atopamos dispersos grupos de coviñas, cazoletas e algunhas combinacións circulares, así como diversos grupos de muíños rupestres.

MÉNDAZ QUINTAS, Eduardo. Cavidades entre a idade de Bronce e o Paleolítico. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 189-210

Synonyms

Pedra das procesións

Location

Monte dos Arruídos

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade