cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonio_etnografia_peto_animas

Peto de ánimas

Manifestación material de culto aos mortos. A súa función é a de manter o recordo das almas do Purgatorio e rogar por elas.

A finalidade destes elementos populares é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas en pena que non encontran descanso no purgatorio, e así alcancen a felicidade no ceo. Unha vez liberadas, intercederán por quen fixo a ofrenda. Por tanto, trátase de procurar a salvación dos mortos pero tamén de asegurarse a propia. 

Con forma de frontón, coroado por dous pináculos nos extremos e unha cruz central, que cubre a fornela de gran tamaño, baixo un arco moi aberto e medallóns ovais ós lados.
Realizado en sillería , presenta recercados de zócalo, cornixa e pilastras nos extremos laterais. Destaca o retábulo policromado de caste aberta, tras unha cancela metálica, que o protexe.
Aparecen numerosas inscricións en todo o conxunto , como no falso arco que pecha a fornela, na parte superior, aparece inscricións en negro; na parte inferior do retábulo, a modo de cartela rectangular pódese ler un texto que referido ós camiñantes;e nos medallóns que aparecen ó lado do retábulo, onde aparecen textos con letras góticas.

Catálogo de elementos a protexer ou recuperar. Concello de Gondomar.

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade