cartografias_sensibles_vincios_gondomarIMG_0830

Peche gandeiro nas Milladas

Área adicada ao pasto de gando bovino

O uso agrogandeiro é unha peza de interese dentro do desenvolvemento da comunidade de montes dado que o gando mantén o control do mato. Nunha época na que as zonas rurais van minguando fronte as grandes urbes, a economía do rural está en crise.
A permanencia do gando no monte é un apoio máis para o desenvolvemento da economía local. En calquera caso, os propietarios dos animais deben solicitar autorización de pastoreo á comunidade de montes de Vincios, que se xestiona mediante un convenio.
Ademais, cada un dos animais, debe estar censado e marcado para que poidan ser identificados no caso de que causen algún dano, para o cal, os seus propietarios deben contar cun seguro de responsabilidade civil polos danos que poidan causar. Todas estas condicións considéranse indispensables para que se poida exercer o pastoreo dentro do monte veciñal de Vincios.

VV.AA. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.85 – 98

Location

As Milladas, Os Casás, Vincios

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade