cartografias_sensibles_vincios_gondomar_actividades_recreo_0626

Parque Forestal do Galiñeiro

Área de lecer que dispón de fontes, mesas, asadeiros e un refuxio (actual sede do Clube de Montañeiros Celtas)

Punto neurálxico de conexión entre diferentes atractivos da serra: rutas de sendeirismo, montañismo, covas, petroglifos, mámoas, áreas de plantacións, etc.

Punto de saída/chegada da ruta PR-G2 Aloia.
Conexión coas rutas PR-G1 Galiñeiro e GR-53 Panorámica de Vigo.

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade