Os promotores

1-logo-vincios A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vincios é a impulsora do proxecto Cartografías Sensibles.

Conscientes da ameaza que supón o descoñecemento dos valores da Serra do Galiñeiro, a CMVMC de Vincios aposta con este proxecto pola divulgación do patrimonio natural, arqueolóxico, etnográfico, histórico e identitario da parroquia de Vincios e os seus montes.

A Comunidade de Montes en Man Común de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.