cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonioinma_lendas_raptores

Os Mouros Raptores

Historia de mouros que se poñen en contacto con seres humanos

Os mouros entraban ás veces en contacto cos seres humanos. En ocasións mercábanlles viño (que pagaban con ouro), pedíanlles pan ou solicitaban certos favores ás mulleres, como a asistencia ao parto dunha moura, ou aleitar e atender os seus pequenos. Outras veces, porén, eran quen de raptar nenos.
Iso foi o que sucedeu dunha vez en Prado (Morgadáns). Alí desaparecera unha cativa sen deixar rasto. Os pais, desesperados, buscaran a filla por todas partes; pero por máis que a buscaban, a rapaciña non aparecía. A nena tiña un irmanciño, que co paso do tempo se converteu nun mozo en idade de facer o servizo de armas. Din que fora destinado a África e que dunha volta, levando a abrevar o seu cabalo a unha fonte, topouse nela cunha fermosa moura cantando. O romance que segue foi recollido en Vilas (Morgadáns), existindo cando menos unha versión semellante no viciño lugar de Prado:

ROMANCE DA CAUTIVA
“El día de los torneos
pasé por la morería.
Oí cantar a una mora
frente a una fuentecilla
- ¿Qué haces ahí, mora bella?
¿Qué haces ahí, mora linda?
- No soy mora, caballero,
soy cristiana y cautiva,
que me cautivan los moros
desde pequeñita y niña.
- ¡Si no eres mora, caballero
venga a mi caballeriza!
- ¿Y los pañuelos que lavo,
dónde yo los dejaría?
- Los de hilo y los de seda
para mi caballeriza,
y los que no valgan nada
por la corriente se tiran”

Pérdese aquí unha parte do romance, na cal a rapaza recoñece a terra onde vivira cos seus pais e o seu irmán. Cando pronuncia os seus nomes, el comprende que a moza que leva no cabalo é realmente a súa propia irmá. A narración recupérase coa chegada de ambos os dous irmáns á casa matriz:

“- ¡Ábreme la puerta, madre,
ventanas y celosías,
que aquí le traigo un tesoro
por quien llora noche y día.
Pienso que llevo una mora
y llevo una hermana mía”

O presente romance aparece mui espallado polo mediodía europeu. Recoñecémolo no portugués Romance da Infanta de França, nalgunhas composicións do romanceiro español contemporáneo, como o Romance de Don Bueso, e mui especialmente no intitulado El día de los torneos, que é practicamente idéntico ao noso. Recentemente recollemos unha versión deste mesmo romance cáseque completa de boca dunha viciña de La Bañeza (León).

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Afonso. A memoria da pedra. Lendas do monte Galiñeiro. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 141-142

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade