Onde Fumegha a Vella
No Pedraghullo atópanse os bloques que forman esta cova. O nome fai referencia ao “fume” que sae dela cando chove. A Vella é símbolo do inverno.
A cova en realidade é un conxunto de bloques remexidos, desprazados e pendurados na vertente. Son bloques rotos, residuais e laxas de descamación, e relaciónanse cos esvaramentos estruturais da valgada do Fondo do Arruído.
A pequena cova orixinouse a media ladeira nun aporte secundario e inferior de Cobreiras. Este aporte ten carácter torrencial en inverno e favoreceu a formación de canles sobre a superficie das laxes exteriores á cavidade.
A estrutura buza uns 30° ó poñente e vese afectada por discontinuidades de direccións predominantes N110°E, N140°E e N22°E (N30°E). As fracturas N22°E presentan un buzamento de 70° Este téndose asociado co esquema de fracturación de fallas normais que chancea o macizo. O cruce coa estrutura de descamación favorece a formación de laxes e cuñas doadamente evacuables pola gravidade da precipitada encosta do Pedraghullo.
VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 30-33
Afumegha a Vella, Outeiro da Vella, Penedo da Vella
Na estrema do Arruído, no bordo do Pedraghullo, dominando A Fonda dos Arruídos localízase Onde Fumegha A Vella. Estamos a medio camiño entre A Touba do Brión e A Raís, zona veciña á desaparecida cavidade de Ighlexa Piñeira, por riba d’ O Ficho e do barrio de Piñeiro.
DESENVOLVEMENTO (m):
__ 10 | 2
CLASIFICACIÓN:
Covas formadas por bloques rotos
SUBTIPOS ASOCIADOS:
Covas de bloques
INFORMACIÓN XEOLÓXICA:
Rochas ígneas
Granitos de afinidade alcalina
Granito de dúas micas
FRACTURAS:
N110ºE – N140ºE – N22ºE
EXPLORACIÓN:
C.E. Maúxo 2002
TOPOGRAFÍA:
C.E. Maúxo 2003
ESPELEOTEMAS:
Non hai
VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 30-33
"Aind` hai inverno,
ándach`A Vella."
Angelina Fernández Otero de 71 anos, Ref. CEM Dec-2004
"Cando fumegha A Vella: inverno seghuro."
Avelino Otero Fernández, de Brandufe, de 86 anos, Ref. CEM & TOD 01/02/03
"- O raio da Vella peneiraba;
peneirouche a valer esta noite, disía papá.
- Carallo, esta noite non descansou".
Amable Pérez Quintas, de Atalaia, de 61 anos, Ref. TOD & ARF 08/02/05
"Nós antes de rapaces -e.... mirabámo-lo fumeghare. Entonces cando fumeghaba:
-"¡Ai, como fumegha a Vella!". Á fumegha-la Vella disen:
-Andar, ide á i-herba, ide á i-herba, ide d'ahí aquí, de aquí alí, que... ¡Xa empesa a fumegha-la Vella! Empesa a fumegha-la Vella.
Entonse-e, mandábannos á herba, botabas unha cousa, pasabas a outra. Pero un día eu-e... tiña, pero:
-Este raio desta Vella, eu... ¿non e... non a vou pescar eu un día?.
E un día, estaba a chover-e, e afumeghaba a Vella. ¡Redios! e arretírome por ahí p'arriba a plomo, márchome a plomo, márchome alá... mira, mira; mira, mira; eu todo molladiño... eu non miraba nada. E de pronto, o que me din conta que (…) había un laxón como de cincoenta metros, largo, picante ¿non? e tiña un... de, de... (…) ahí a ághua non llo cabou ¿non?; de pasa-la ághua por riba, e, ia... o aire, o aire dáballe... antón púñase blanca, antón era cando fumaghaba a Vella. Era eso que, era agua (...) ó chorrea-la iaghua, o airo dáballe, aentonces... aquel espumallo blanco era... [ri] foi cando me din cuenta porque, porque era que fumeghaba a Vella [ri]".
Jose Bernardo Piñeiro Fernández, de Brandufe, de 99 anos Ref. CEM 11/01/03
"Era chuvia seghura, cando fumeghaba a Vella, cando chuvía e había un pouco d'aghua alí, ben sabes que hai un bambal, un bambal alto onde viña a ághua. Cando viña o airo espallábaa toda, aquelo paresía fume, todo era fume. Bueno, era aghua que non era fume. Entón desían:
-Coño, aí vai muita chuvia porque fumegha a Vella
(...) Despois aumentábanlle cousas de desire que cando fumeghaba a Vella había qu'ir comer as castañas."
Casimiro Rodríguez Carreras, de Piñeiro, de 70 anos, Ref. TOD & ARF 08/02/05