Proxecto O Niño do Corvo

Algo semellante acontece co abrigheiro deste cotarro de Vincios localizado contra o sur de Figueiró, perto xa d’Os Cotros. De escasas dimensións, a pequena cavidade natural catalogada aquí, foi aproveitada como refuxio polos canteiros que traballaron neste coto durante o século XX.
O lugar ten interese a maiores porque no coto veciño polo norte, malamente a 30 metros do abrigheiro, nunha das rochas partidas polos canteiros, pódese observar gravado un taboleiro doutro deseño cuadrangular axedrezado, do que nada se sabía ata hoxe.
Correspóndese con outro taboleiro para xogar do latrúnculi romano, gravado similar ó visto en Castro Mendes, e polo tanto duns 1.800 anos de vello.

GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Cavidades, Castelos e Castros. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 165-187

Padriño

Sen padriño

Localización

¿Cómo llegar?