Ilustración: Iago Valverde
Ilustración: Iago Valverde

O Lobo

O lobo foi unha vez á confesión e o confesor [...]

O lobo foi unha vez á confesión e o confesor díxolle:

- ¿Comes moita carne?
- Toda canto atopo diante
- Pois dende hoxe non podes comer máis de libra e media por día.
Saíu da confesión e chegou a un mato; mirou unha egua e unha potra e dixo:
- Deus axuda ós que con el andan. A nai ten a libra e a filla ten a media.

VV.AA. Contos e lendas da parroquia de Vincios. Asociación de veciños ‘Galiñeiro de Vincios’. p. 6

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade