cartografias_sensibles_vincios_gondomar_monte_natureza_cornodemo_0543

O Forno

Situado baixo Os Cornos do Demo, atópase dentro da zona fortificada d’As Ghallas.

Interese xeolóxico escaso, certa dificultade e perigosidade dos accesos e arredores.
Cavidade de bloques e bloques rotos orixinada polos residuais e laxóns desprendidos do coto d’Os Cornos do Demo.
Destaca un dos pequenos abrigheiros do lugar, ó ser unha lapa desenvolvida a favor dunha discontinuidade subhorizontal.

ARQUEOLOXÍA
Zona interior, fortificada, d’As Ghallas. Entre 1970-1971 escavouse por primeira e única vez este recinto. En concreto, e segundo Antonio Veiga: “La parte próxima a Cornos do Demo es la más amplia y llana del recinto. La roca base aflora y da la sensación de haber sufrido trabajos de nivelación. En el centro se observan dos alineaciones de piedras. En la parte media hai un resalte rocoso y detrás una parcela herbosa que es la parte interna más elevada. Se ve todo el poblado, incluyendo las dos entradas. Al pié de Os Cornos do Demo hay un abrigo conocido como O Forno. Los escaladores lo usan como bivaque.” (2001: 38).

VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 48-49

Synonyms

Abrigheiro dos Cornos do Demo

Location

Dentro do recinto fortificado de interese histórico das Ghallas, tamén coñecido como Castro do Galiñeiro, e ós pés do cotarro chamado Os Cornos do Demo.

Data sheet

DESENVOLVEMENTO (m):
__ 2 | 0
CLASIFICACIÓN:
Covas formadas por bloques rotos
SUBTIPOS ASOCIADOS:
Covas de bloques
Lapas
INFORMACIÓN XEOLÓXICA:
Rochas ígneas
Granitos de afinidade alcalina
Granito de dúas micas
FRACTURAS:
N 30ºE – N30ºW
EXPLORACIÓN:
C.E. Maúxo 1992
TOPOGRAFÍA:
Pendente

VAQUEIRO RODRÍGUEZ, Marcos e GROBA GONZÁLEZ, Xavier. Catálogo de cavidades naturais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 48-49

Testimonies

"OS CORNOS DO DEMO. Todos conocen el Coto do Demo y Os Cornos do Demo, pero no obtuve información con visos de transmisión antigua. Fueron términos expresados:
- «Hai muchas piedras, el lugar es peligroso.»
- «Dín que os mouros tíñanla casa.»
- «Alí non pode vivir ninguén, seica hai moitas cobras.»
- «Non sei do Demo... Jesús! ... os cornos si que están, fale co párroco que diso sabe muito.»
- «¿O Coto do Demo? Alá polos corenta, o cura mandou monte abaixo unha pedra escrita.»
- «A Lúa Chea o Jaliñeiro blanquea, vento do Norte que pela.»
- «Si nos Cornos o Luceiro non reluce, queda na cama que o bo tempo non luce.»"
Antonio Veiga González, “Excavaciones en el Galiñeiro. Poblado de «As Jallas» (1970-1971)", Boletín Instituto de Estudios Vigueses, 2003, p. 380

“(...) No sería extraño que en el picacho Coto do Demo, por ser lugar prominente y de gran dominio visual se elevase alguna torre o atalaya fortificada a modo de centinela y como lugar de refugio. De momento no he distinguido ningún resto, solamente se observa una plataforma de difícil acceso. Por debajo de esta atalaia y dentro del recinto existen dos construcciones rectangulares (...)”
Jaime Garrido Rodríguez, Fortalezas de la Antigua Provincia de Tui, Ed. Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, 1987, p. 35

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade