cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonio_material_cavidades_artificiais_cuberto_fortes

O cuberto do carro de Fortes

Habitáculo escavado no xabre cun fondo de 3,50 m e ancho medio de 1,40. Sigue sendo útil á casa que o conserva por herdanza familiar e dereito consuetudinario

O cuberto atópase á dereita do acceso á vivenda, na beira do camiño enfronte da casa dos Fortes. O cuberto continúalle sendo útil á casa, que o conserva por herdanza familiar e dereito consuetudinario.
Trátase dun pequeno habitáculo escavado no xabre cun fondo de 3’50 m. O seu ancho medio é de 1’40 m, un pouco máis que o ancho do carro, e unha atura media de 1’05 m. Como curiosidade, o cortello está aberto en ángulo oblícuo con respecto á dirección do camiño e no borde da boca está gravada unha cruz latina.
Dos exemplos coñecidos este é o único no que puidemos ver o carro gardado dentro.

GARCÍA GARCÍA, Miguel & COSTAS GOBERNA, José Bernardino. Cavidades artificiais. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 96-97

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade