Ilustración: Iago Valverde
Ilustración: Iago Valverde

O Criado dos Mouros

Historia dun criado dos mouros se fixo cos seus tesouros

Marchan os mouros co seu ouro. Con eles levan un criado, quizais un humano cautivo. Chegados a certo lugar, a comitiva detense. Entón os mouros agochan o ouro, mentres recitan un encantamento:
- Quien de aquí te ha de sacar
tres veces te ha de atentar.
Os mouros reanudan o camiño, mais o criado dá media volta e, abandonándoos, volve onda o ouro:
- Boh, pois teño que atentar hasta máis de tres veces!
E atentou. E así se fixo co tesouro dos seus amos.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Afonso. A memoria da pedra. Lendas do monte Galiñeiro. En: Clube Espeleolóxico Maúxo. As covas de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2005. p. 143

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade