Ilustración: Iago Valverde
Ilustración: Iago Valverde

O Camiño Fondo

Cando ía un home de Guisande á Torre, ó pasar [...]

Cando ía un home de Guisande á Torre, ó pasar por un camiño chamado ‘Camiño Fondo’, mirou unha luz moi aguda, e ó querer fixarse nesa desapareceu.
Despois, volveu a aparecerlle pero el seguiu para adiante coma se nada. Cando chegou xunto a dous carballos estoupou unha cousa enriba del e pensou que eran os fogos de luces da Virxe de Zamáns. Andou un pouco para adiante e sentouse nun valado, poñéndose a pensar que os fogos da Virxe non podían ser xa que tiña que tapalos o monte Galiñeiro, e por si acaso, marchou para casa chea de medo.
VV.AA. Contos e lendas da parroquia de Vincios. Asociación de veciños ‘Galiñeiro de Vincios’. p. 10

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade