Ilustración: Iago Valverde
Ilustración: Iago Valverde

O Anano

Trátase dun anano que tiña unha capa verde. Cando chovía [...]

Trátase dun anano que tiña unha capa verde. Cando chovía andaba polos campos dando brincos e correndo para que a capa non se lle mollara. Nembargantes, cando ía bo tempo, estirábaa no chan para que se lle secara.
Un día do verán, baixou das súas montañas ó pobo e acercouse á igrexa e alí viu un rapaz moi ben vestido que andaba a rirse doutro que ía mal vestido. Entón o anano acercouse ó que estaba chorando e preguntoulle por qué choraba. O ver que non lle respondía achegouse ó outro e preguntoulle por qué se ría.
O outro con moito orgullo díxolle que era mudo. O anano, enfadado, botoulle unha maldición dicindo:
- Tes orgullo e voz. O orgullo seguirache, e a voz marchará para quen te riches antes.
O anano tornou ás súas montañas brincando e moi cheo de razón. O seu traballo consistía en quitarlle a fala ós orgullosos e malos e darlla ós que non a tiñan, e que en realidade necesitábana, pois estes eran, polo regular, pobres e bos.

VV.AA. Contos e lendas da parroquia de Vincios. Asociación de veciños ‘Galiñeiro de Vincios’. p. 5

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade