O 1º Congreso Internacional Supurbfood visita o Galiñeiro
Posted on 26 de Xuño de 2013

First Intern Seminar Vigo

SUPURBFOOD é un proxecto financiado pola Unión Europea dentro do 7º Programa Marco. Nel abordaranse temas como as canles curtas de comercialización alimentaria e a agricultura multifuncional no ámbito do desenvolvemento urbano.A xestión comunal do monte e a aposta de Vincios pola multifuncionalidade serán temas abordados neste proxecto como estudios de caso.

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade