Documental “Nuestras fiestas de allá”
Posted on 10 de Xuño de 2013

CGAI_Las fiestas de alla

O Centro Galego de Artes da Imaxe comparte coa páxina web de Vincios un fragmento do documental ‘Nuestras fiestas de allá’.

A gravación foi financiada pola ‘Unión de Hijos de Morgadanes’ (Montevideo) cun capital aproximado de 2500 pesetas. Durante o verán de 1928, José Gil percorreu coa súa cámara os principáis escenarios e as festas máis representativas do Val Miñor.

Estreouse o 14 de marzo de 1929 no Teatro Ariel de Montevideo. Na década dos 1980 a cinta foi depositada por un asociado da Unión na Filmoteca Española. A película foi restaurada en 1999 polo Arquivo da Emigración Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe.

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade