‘Meter Vincios no mapa’ Consello da Cultura Galega
Posted on 10 de Decembro de 2013
‘Dinamizar unha zona e dala a coñecer mediante as ferramentas de xeolocalización. Esta é a proposta que o proxecto Cartografías Sensibles desenvolveu na parroquia de Vincios. Elementos de patrimonio material e inmaterial, proxectos que se desenvolven nesta área do Val Miñor e mesmo os grupos de música que traballan no lugar intégranse nesta iniciativa.’