cartografias_sensibles_vincios_gondomar_monte_recursos_producion_madeira_eucalipto

Madeira de eucalipto para serra ou rolo

O aproveitamento do eucalipto está enfocado cara a serra con madeira de maior idade

Logo da realización das cortas das masas actuais, xa en quenda de aproveitamento, cun obxectivo de trituración, cambiase o destino do eucalipto cara a un aproveitamento para serra ou rolo, con madeira de maior idade, evitando as actuais condicións de saturación do mercado e permitindo un maior rendemento económico da madeira.

VV.AA. En: Guía multifuncional de Vincios. Comunidade de Montes Veniñais en Man Común de Vincios. Vigo: 2012. p.85 – 98

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade