cartografias_sensibles_vincios_gondomar_patrimonio_etnografia_lavadoiro_xian

Lavadoiro e presa nas Milladas

Lavadoiro cuberto ao pé dunha pequena presa no lugar das Milladas

O lavadoiro era o lugar onde se lavaba a roupa a man sobre unha pedra que tamén recibía este nome. Estaban directamente relacionados con ríos ou regueiros e adoitaban ser de uso colectivo. Contan moitas veces con cubertas sostidas por catro ou seis piares.

Acerca de cartografías sensibles

Cartografías Sensibles é un proxecto que aposta pola defensa e a posta en valor do patrimonio da parroquia de Vincios e da Serra do Galiñeiro.

Trátase dunha achega virtual a unha realidade territorial rica e complexa a través de mapas que nos fan descubrir historias, topónimos, muíños, covas, penedos, xacementos arqueolóxicos, lendas, músicas e tantos outros elementos que configuran a identidade deste lugar.

A Comunidade de Montes de Vincios leva anos promovendo a multifuncionalidade dun espazo vivo, con infinidade de posibilidades tanto productivas como ambientais ou de lecer. Unha contorna especial na que conviven os usos dos recursos naturais coa paixón pola natureza en todas as súas formas e actividades, así como coa conservación das tradicións, dos valores naturais e do patrimonio cultural.

Axenda de Eventos

No hay eventos programados.

View Calendar

Contacta con nós

O teu nome (requerido)

O teu email (requerido)

Asunto

Mensaxe

Acepto a Política de Privacidade